Club de Lectura de NOVEMBRO
Se xa coñeces o noso Club de Lectura, agora podes seguir todas as novidades por aquí 📢 E se aínda non o coñeces, animámoste a que te unas a nós: a lectura compartida é moito máis divertida! 📚
O Club de Lectura do Ateneo reúnese un mércores de cada mes na sede da entidade para debater e compartir impresións sobre un libro elixido entre todas as persoas asistentes 👏🏻
Nesta xuntanza de novembro falaremos do libro de moda no panorama literario actual: “Comerás flores” da marinense Lucía Solla Sobral 😍
🗓️ Día: Mércores, 19 de novembro
⏰ Hora: 18:30h
📍 Lugar: No noso local (Rúa do Forno, 42 – Baixo, Marín)
Ven probar sen compromiso! A asistencia é libre e gratuíta 📖😊