O ATENEO
A Nosa Historia
Cando o ano 1952 está esgotando os seus días, un grupo de intelectuais e profesionais marinenses xúntanse o 22 de novembro, día de Santa Cecilia (Patroa dos músicos), e acordan crear unha nova asociación.
O fin principal, ademais de servir de acubillo ás manifestacións musicais, era a difusión e promoción da cultura en cada unha das súas vertentes: artísticas, intelectuais, patrimoniais e de conservación das tradicións. Tiña tamén o obxectivo de formar ás novas xeracións de marinenses en disciplinas como a música, o debuxo e a pintura, entre outras. Das aulas do Ateneo xurdiron grandes artistas e profesionais que acadaron gran sona e prestixio.
Cunha traxectoria de máis de sete décadas como referente cultural non só en Marín, senón tamén fóra das nosas fronteiras, o Ateneo Santa Cecilia é testemuña do paso polas súas instalacións de profesionais e artistas ilustres, que ofreceron as súas mellores obras, achegándonos aos temas máis interesantes ou de actualidade.
Por todo o traballo realizado o Ateneo foi recoñecido por organismos públicos locais, provinciais e autonómicos, outorgándolle as seguintes distincións:
- Recoñecemento de Sociedade declarada de Utilidade Pública (1999)
- Medalla de Bronce da Xunta de Galicia (2003)
- Medalla ó Mérito Cultural do Concello de Marín (2003)
- Premio Provincial de Cultura da Deputación de Pontevedra (2014)
- Festa de Interese Turístico de Galicia para a Danza das Espadas (2010)
- Festa de Interese Turístico de Galicia para o Enterro da Sardiña (2023)
O Noso Propósito
Estimular, fomentar e promocionar a cultura en xeral
Mellorar a cultura do noso pobo e defender a cultura galega
Organizar ciclos de conferencias
Crear agrupacións musicais e corais
Fomentar exposicións de arte e promocionar artistas locais
Impartir clases de debuxo e pintura
Recuperar e conservar os costumes locais
Promocionar o noso patrimonio cultural material e inmaterial
Defender o Medio Ambiente e a paisaxe
Celso Méndez
Fraguas
Presidente
Isabel Martínez Epifanio
Vicepresidenta
Carolina
Pesqueira
Secretaria
Xulio Pardellas de Blas
Tesoureiro
Elena Varela
García
Vogal
Ramón Arizaga Fariña
Vogal
Helena Martínez Epifanio
Vogal
Francisco Cruceira Soto
Vogal
Jaime Loureiro Acuña
Vogal
Rúa Do Forno, 42, 36900 Marín, Pontevedra
Teléfono: 986 88 02 83 • De Luns a Venres, 18:00 pm – 20:00 pm